Xornadas, encontros, cursos e outras iniciativas de promoción

Filtrar por...

Temos dispoñibles para consulta 28 programas
18/12/2015

Premio Antón Losada Diéguez

XXXI edición deste galardón que se convoca desde 1985 para contribuír ao fomento da cultura galega e perpetuar a memoria de Losada Diéguez, ilustre galeguista que loitou por ela.

02/12/2015

Xornadas Ramón Piñeiro e Koldo Mitxelena no seu centenario

No centenario do nacemento de ambos os intelectuais, o Consello da Cultura Galega e mais a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, organizan este encontro como homenaxe a ambos, ao tempo que abren o diálogo á situación das distintas linguas do territorio estatal no marco da España dos nosos días.
21/10/2015

Con barqueira e remador

 IV Obradoiro Internacional de Tradución Poética

PRAZO: Do 19 ao 24 de oubutro de 2015
17/10/2015

A literatura portuguesa despois da revista Orpheu

A primeira sesión da nova edición do ciclo de cultura contemporánea Nexos céntrase na literatura en lingua portuguesa.

14/10/2015

Exposición Arte e Ciencia

A divulgación científica en galego chega a Ourense da man de IGACIENCIA e da Secretaría Xeral de Política Lingüística