Volver

Cursos de galego no exterior

A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza e colabora periodicamente na realización de cursos e outras actividades de formación co obxecto de dar a coñecer a lingua e a cultura galegas fóra de Galicia.


Múltiples asociacións culturais e centros galegos tanto de España como do resto do mundo teñen acollido este tipo de actividades (Madrid, Barcelona, Avilés, Xixón, León, Bilbao, Vitoria-Gasteiz, Hannover, Lausanne, Buenos Aires, A Habana...).

Tamén colaboraron coa SXPL para a realización de cursos entidades como a Escola Oficial d’Idiomes de Barcelona-Drassanes, á marxe da súa propia oferta formativa de estudos de Lingua Galega, coa que tamén contan a EOI de Ponferrada e a EOI Jesús Maestro de Madrid.