I Xornadas do audiovisual galego en Cáceres

05/05/2017 Volver
No marco da Semana das Letras Galegas en Cáceres, o Centro de Estudos Galegos da Universidade de Estremadura organiza as I Xornadas do audiovisual galego.

Os días 16, 17 e 18 de maio proxectaranse, respectivamente, Querida Gina, Lobos Sucios e As altas presións. Os filmes poderán verse en galego con subtítulos en castelán.

Día de comezo: 16 de maio
Día de fin: 18 de maio
Hora: 19:00 horas
Lugar: Cáceres. Salón de actos do Instituto de Linguas Modernas