Poesia ultima di amore e malattia, presentación da edición italiana do libro de Lois Pereiro

13/06/2018 Volver

O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Perugia (Italia) presenta a edición italiana de Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995 de Lois Pereiro, que vén de publicar na editorial Aguaplano coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A edición italiana, a cargo de Marco Paone, do libro máis coñecido de Lois Pereiro vén encher un baleiro na difusión deste poeta entre os lectores italianos, un dos autores máis recoñecibles da poesía galega de finais do século XX e unha figura emblematicamente xeracional da contracultura europea que xurdiu ao longo das anos 80 e 90. A herdanza de Lois Pereiro queda neste testemuño en versos escritos nos seus últimos meses antes de morrer en 1996.

Data: 25 de xuño de 2018

Hora: 11:00 horas

Lugar: Salón de Actos da SXPL. Pazo de San Roque, 2. Santiago de Compostela