Manel Cráneo: Historia e patrimonio a través da banda deseñada

13/06/2018 Volver

Os amantes da Historia e da banda deseñada teñen unha estupendacita o vindeiro martes 19 de xuño na Freie Universität de Berlín, cuxo centro de estudos galegos contará coa presenza de Manel Cráneo, un dos grandes referentes do cómic galego. Manel Cráneo é autor, ilustrador, músico, editor e responsable da exposición BDG70: A REVOLTA DO CÓMIC GALEGO.

O autor fará un percorrido pola historia da banda deseñada galega indagando nos seus inicios e centrándose nos pioneiros que usaron o cómic como medio para reivindicar a lingua propia e loitar contra o franquismo. Falará tamén sobre o importante panorama actual e sobre os moitos autores galegos recoñecidos nos mercados internacionais. Rematará repasando os principais títulos de BD que nos achegan ás diferentes etapas da historia de Galicia e aos elementos máis simbólicos da nosa cultura.

Ese día estarán tamén na Freie Universität de berlín dous grandes da BD: Luis Sendón (Altar Mutante Comix), autor coñecido por encher o panorama musical europeo e norteamericano cos seus monstros made in Galicia, e Santy Gutiérrez, quen leva décadas transformando en viñeta e humor a actualidade galega.

Data: 19 de xuño de 2018

Hora: 14:00-16:00

Lugar: Berlín. Freie Universität (Habelschwerdter Allee 45) Aula JK 31/125