XII Congreso Internacional da AIEG

07/09/2018 Volver

Co título "Novos horizontes para unha Galicia global", este congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) organizarase en sesións de traballo e de difusión que incluirán relatorios, paneis, presentación de libros, conferencias e sesións plenarias, todas elas formuladas arredor dos tres enfoques ou ámbitos de estudo seguintes: redes, territorio e memoria.

Con máis de 150 intervencións previstas, o congreso aspira a converterse, unha vez máis, nun punto de encontro e foro de discusión para a investigación sobre a lingua, a cultura e a historia de Galicia. Ademais de apostar pola investigación básica e os traballos de disciplinas consolidadas, busca atraer desde as novas xeracións de investigadores cos seus primeiros contributos até os especialistas máis consolidados, difundindo traballos interdisciplinares ou propostas innovadoras de todas as partes do mundo.

No marco do congreso, celebrarase tamén a asemblea da AIEG.

As sesións de inauguración e de clausura celebraranse na Casa de Galicia e no Ateneo de Madrid, respectivamente. O resto do congreso terá lugar na Universidade Complutense de Madrid:

Campus da Moncloa, Cidade Universitaria. R/ Profesor Aranguren s/n.

Facultade de Filoloxía (Edificios D e E)

Edificio D: Salón de Actos

Edificio E: Aulas 1201, 1202, 1203 e 1204