Magosto

19/11/2018 Volver

O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Zadar (Croacia), en colaboración co lectorado de catalán da mesma universidade, organiza o Magosto/Marunada/Castanyada co estudantado.

A celebración gastronómica típica do outono completarase cos concertos de Quim Font, en catalán, e de Gabriel Reigosa Centelles, cantante e líder da banda Dakidarría, que interpretará temas propios e populares en lingua galega.

Lugar: Zadar (Croacia)

Día: 30 de novembro

Hora: 21:00 horas