I Simposio Internacional Os Estudos Galegos Camiño do Xacobeo 21

12/12/2018 Volver

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Axencia de Turismo de GAlicia e da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo organiza este primeiro foro de debate internacional desde os centros de estudos galegos (CEG) repartidos por universidades de todo o mundo.

O evento está pensado para compartirmos experiencias para poder definir os eixes de actuación sobre o noso patrimonio cultural e lingüístico camiño do Xacobeo 21. Os seus obxectivos son establecer as liñas comúns de actuación cara á difusión do Xacobeo do ano 2021 e ás accións que se realizarán durante o tempo que queda para a súa celebración. Tamén se pretende recoller as achegas que, desde a experiencia, os diversos CEG fan a respecto da promoción do Xacobeo en cada un dos países onde operan. Deste xeito, iniciamos un proceso de creación de materiais específicos para cada un dos lugares de onde proveñen e que teñen como finalidade a promoción do Camiño de Santiago, o Xacobeo e Galicia. Por outra banda, designaranse como “Prescritores” os membros dos centros ou o seu persoal colaborador, se for o caso. Finalmente, abriranse liñas de colaboración entre os CEG e as máis de 300 Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago para promover o noso patrimonio, a lingua, a literatura, a música e a historia de Galicia.

Os destinatarios deste simposio son: persoal docente e investigador de diversas universidades dos Centros de Estudos Galegos, axentes culturais de turismo, membros das universidades e de institucións galegas, así como persoal da administración estreitamente relacionado coa rede de lectorados e coa planificación lingüística.

Lugar: Santiago de Compostela. Cidade da Cultura. Sala Eisenman e Espazo OFF

Datas: 14 e 15 de decembro de 2018.