La letteratura galega

25/01/2019 Volver

Os centros de estudos galegos de Padua, Roma e Perugia presentan, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o volume La letteratura galega. Autori e testi. Esta obra, publicada no marco da colección Finisterrae, ten como obxectivoofrecer unha referencia para quen se achegue ás letras galegas, así como abranguer o ámbito universitario e literario da Italia máis galega, da Galicia máis internacional.

Trátase dunha antoloxía en italiano que recolle 50 figuras homenaxeadas no Día das Letras Galegas no período 1963-2011 e artellado no seguinte esquema: cadansúa biografía, cos datos máis salientables; bibliografía (fontes tradicionais e dixitais) e escolma de textos diversos e representativos na lingua orixinal e coa tradución ao italiano. Complétase cun prólogo de Xesús Alonso Montero e tres apéndices: "Mapas", "Feitos históricos" e "Publicacións periódicas". Ademais, o libro conta dun Glosario que presenta termos galegos que pola súa complexidade á hora de seren traducidos ao italiano perden esencia e remata cunha ampla e actual "Bibliografía".

DATA: martes, 29 de xaneiro de 2019

HORA: 12:00 h

LUGAR: Sala Sarmiento do Pazo de San Roque - Secretaría Xeral de Política Lingüística (Santiago de Compostela)