5ª Semana de Convergências Portugal – Galiza

18/02/2019 Volver

No mes en que se conmemora o Día de Rosalía de Castro celébrase a quinta edición desta iniciativa colaborativa que impulsan o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a formación Canto D'Aqui e a Câmara Municipal de Braga, entre outras entidades, co obxectivo de irmandar as dúas beiras do Miño a través da música, da poesía e da palabra.

Desde a súa cuarta edición, as actividades da semana cultural Convergências Portugal-Galiza celebraranse, ademais de na cidade portuguesa de Braga, en Padrón e en Santiago de Compostela. En Santiago de Compostela celebraranse os concertos de Primo Convexo e "Tributo a José Afonso" os días 22 e 23 de febreiro, respectivamente. No Auditorio da Casa de Rosalía, o 24 de febreiro, terá lugar o concerto de clausura "Tributo a Rosalía de Castro".

Datas: 17/02/2019 a 24/02/2019

Lugares: Santiago de Compostela, Padrón e Braga (Portugal)