Encontro Sector Hospedaxe en Redondela

20/02/2019 Volver

Lugar:Casona da Torre

Data: 21 de Febreiro de 2019

O vindeiro 21 de febreiro celebrarase este encontro con responsables da Xunta de Galicia, do Concello de Redondela e a Asociación de Empresarios de Redondela cos establecementos de hospedaxe. O enfoque céntrase na preparación de actividades e presentación de material divulgativo (cultural e turístico) vencellado ao Xacobeo 21.

O Camiño Portugués é o segundo en número de afluencia, só por detrás do Camiño Francés. Neste sentido, e coa previsión do aumento de visitantes no ano 2021, a Xunta de Galicia e o Concello de Redondela queren establecer liñas de traballo para a promoción turística, cultural e lingüística.

 

PROGRAMA DA XORNADA

 

17:30h. PRESENTACIÓN

Javier Bas, Alcalde de Redondela

Valentín García, Secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Enrique Lago Granada, Presidente Asociación de Empresarios de Redondela

17:45 h. PRESENTACIÓN DE LIÑAS DE TRABALLO ENTRE SXPL E TURISMO DE CARA AO XACOBEO21

Valentín García, S.X. de Política Lingüística da Xunta de Galicia

18: 15h. EXPERIENCIAS EMPRESARIAIS EN COMPOSTELA ARREDOR DA LINGUA GALEGA E RESULTADOS

Aser Álvarez, ex-director de comunicación da Asociación de Hostalería de Santiago e director de Galeguesa.

18:30h PRESENTACIÓN E EXPLICACIÓN DE DIVERSOS DISTINTIVOS RELACIONADOS COS SELOS DO XACOBEO, TURISMO E CALIDADE

Ana Seco, técnica consultora de Supernova.

18:45h PROPOSTAS DE MATERIAL E PROXECTOS SOBRE ESTA MATERIA DIRIXIDOS Á HOSPEDAXE

Xurxo Martínez González, técnico do Concello de Redondela.

19:00h COLOQUIO