11 de marzo, Día do Galego no Bierzo
A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Comisión Cultural Martín Sarmiento e coa Junta de Castilla y León na organización das XI Xornadas Martín Sarmiento, que se celebrarán en Corullón e en Vilafranca do Bierzo o vindeiro 11 de marzo no marco do Programa de promoción da lingua galega no Bierzo e en Sanabria e mais do encontro anual doscentros de ensino do galego nesta área galegofalante que suma máis de 1000 alumnos e alumnas no ano escolar en curso.
Programa de actos
Primeira sesión: Corullón
9,30 h. Chegada dos buses desde os centros participantes á Praza maior de Corullón.
Itinerario didáctico: intercambio escolar dos IES do Bierzo, un itinerario didáctico por Corullón. Están presentes a totalidade dos alumnos/as do Programa de Promoción de SECUNDARIA dos centros:
- IES Padre Sarmiento (Vilafranca)
- IES Bergidum Flavium (Cacabelos)
- IES Europa (Ponferrada)
- IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
- Alumnos/a Galego da EOI de Ponferrada
12,00 h. Intervención das autoridades presentes do Consello Comarcal, da Xunta de Galicia e da Junta Castilla y León. Presentación da IIª Edición dos Premios Morales aos centros presentes.
13,00 h. Rolda de prensa e reunión de traballo no Salón de plenos de Corullón.
Segunda sesión: Vilafranca do Bierzo
11,00h . Apertura dos intercambios de primaria. Teatro Vilafranquino.
Intervención das autoridades presentes do Consello Comarcal, da Xunta de Galicia e da Junta Castilla y León. Presentación da IIª Edición dos Premios Morales aos centros presentes.
11,15. Enredando con Pakolas, actuación musical de Paco Cerdeira subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
Asisten alumnos/as dos centros de primaria:
- CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca
- CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos
- CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada
- CEIP Compostilla de Ponferrada
- CEIP Jesús Maestro de Ponferrada
- CEIP San Ildefonso de Camponaraia
- CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada
- CEIP Toral de Merallo
- CEIP M.L.Ucieda de Toral de los Vados
- CRA Carucedo
- CRA de Cubillos do Sil
- CRA Jimena Muñiz de Corullón
- CRA Puente de Domingo Flórez
- Colexio Divina Pastora de Vilafranca