Festival de curtametraxes

11/04/2019 Volver

Primeira edición deste evento do Centro de Estudos Galegos en París.

Este Festival nace como un espazo de difusión da cultura cinematográfica galega accesible para todas aquelas persoas interesadas neste tema. A iniciativa xorde para difundir o labor do Instituto Audiovisual de Vigo co seu Festival Internacional de cine inclusivo que defende a imperiosa necesidade de facer cine accesible, vai pola III edición e implica tanto a profesionais do audiovisual como a sociedade en xeral.

O Festival acollerá varias curtametraxes e contará coa presenza de Alfonso Pato, o creador do Festival de Cans, e con Teresa Barberena, profesora do Instituto de Audiovisuais de Vigo, que n realizará un faladoiro sobre a audiodescrición e o audiovisual galego.

Lugar: Universidade Sorbonne Nouvelle-París 3. Campus Censier. 13 Rue Santeuil. Paris 5

Data: Xoves 11 e venres 12 de abril