IV Encontro Minho-Galiza

02/05/2019 Volver

Con motivo do Día das Letras Galegas, o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho (Portugal) organiza unha xornada sobre literatura galega e miñota.

Nela farase fincapé na literatura oral, que foi obxecto de estudo por parte do antropólogo Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle renderá homenaxe o vindeiro 17 de maio.

Lugar: Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva. Braga

Data: 9 de maio de 2019

Hora: 14:00 horas