Xornadas sobre música e baile tradicional galego: Obradoiro con Xabier Díaz e Alba Fieira

22/05/2019 Volver

O Centro de Estudos Galegos de Berlín, en colaboración coa asociación cultural De Berlín Son, organiza unhas xornadas sobre música e baile tradicional galego na Freie Universität os días 21 e 29 de maio de 2019. As xornadas terán unha pequena parte teórica e unha parte práctica máis ampla dividida en dúas sesións. Xabier Díaz será o encargado de pechar as xornadas cun concerto en solitario.

Alba Fieira, presidenta da asociación cultural De Berlín Son (que cede os seus instrumentos para os obradoiros), falará da historia do baile e da música tradicional galega e ensinará a tocar coa pandeireta os ritmos básicos para interpretar unha muiñeira e un maneo.

O músico Xabier Díaz ofrecerá un segundo obradoiro no que os participantes poderán profundar e ampliar os coñecementos adquiridos na primeira sesión. O evento pechará cun concerto comentado de Xabier en solitario.

A entrada é gratuíta para persoas de dentro ou fóra da universidade. Non é necesario ter instrumentos nin coñecementos musicais.

 

 

Sesión 1 – Alba Fieira

 

 

Introdución teórica + Pandeireta masterclass

 

 

Data: martes 21 de maio

 

 

Horario: 15.00 a 17.00

 

 

 

Sesión 2 – Xabier Díaz

 

 

Pandeireta masterclass + Concerto

 

 

Data: 29 de maio

 

 

Horario: 17.00 a 21.00

 

 

Obradoiro de pandeireta: 17.00 a 19.00

 

 

Concerto: 20.00 a 21.00

 

 

 

Lugar:

 

 

Freie Universität Berlin

 

 

Habelschwerdter Allee 45

 

 

14195 Berlin (Hörsaal 1a)