Actividades do CEG de Kiel durante a Kieler Woche

13/06/2018 Volver

Nas próximas semanas celébrase a Kieler Woche; unha competición anual de vela das máis grandes en todo o mundo. Durante estes días en Kiel tamén ten lugar un mercado internacional onde hai un posto xestionado pola Mancomunidade do Salnés, xunto á que o CEG organiza diferentes actividades:

  • Concerto de "Los zorros & Queimada"
  • Lectura de lendas galegas: Como parte do preseminario "Lendas e seres míticos de Galicia", farase unha lectura pública de diferentes lendas do libro As lendas tradicionais galegas de Leandro Carré en galego, castelán e alemán, que foron traducidas durante as clases nun obradoiro de tradución.
  • Celebración da noite de San Xoan, preparación da queimada e lectura do conxuro en galego e alemán, tamén traducido polos alumnos do preseminario durante o obradoiro.

Data: 17, 21 e 23 de xuño de 2018

Lugar: Mercado internacional

 

Vídeo da lectura organizada co alumnado