Educación e Tradición en Galicia

07/08/2018 Volver

Galicia conta cunha longa tradición que se transmitiu de xeración en xeración e trouxo ata os nosos días unha rica cultura que deixa a súa pegada na identidade das súas xentes. O profesor Alexandre Sotelino, da Universidade de Santiago de Compostela, leva anos traballando no eido da pedagoxía cunha visión histórica. Na súa intervención axudará a facernos entender os porqués da cultura galega e como isto ten influído na sociedade. Despois da súa palestra contaremos coa actuación do Colectivo Rebulir, que fará un concerto didáctico e obradoiro onde os participantes terán a oportunidade de aprender sobre a música e o baile tradicional de Galicia.

 

Data: 10 de agosto de 2018

Lugar: Freie Universität Berlin – Habelschwerdter Allee 45, 14195 Berlin

Programa:

11:30 h. (Aula KL 32/102)

Palestra "Educación e tradición en Galicia: unha aprendizaxe vivencial"

Prof. Dr. Alexandre Sotelino Losada (Universidade de Santiago de Compostela)

12:00 h. (Patio do Rost- e Silberlaube)

Actuación e obradoiro do Colectivo Rebulir (Galicia)

Contacto: Centro de Estudos Galegos da FU Berlín (abarrera@zedat.fu-berlin.de)