Volver

Día de Rosalía

Rosalía universal

Por iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística, os lectorados e CEG de todo o mundo únense a Galicia na celebración do Día de Rosalía. Nos vídeos que figuran a continuación, o alumnado de galego recita textos de Cantares gallegos e de Follas novas na lingua en que foron escritos e mais na súa propia. É unha homenaxe á autora galega máis universal e ao idioma en que escribiu estes versos.