Volver

Resolución dos XXVII Premios de Publicidade en Galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador resolven a XXVII edición dos Premios de Publicidade en Galego​

Con base no acordo conxunto do Parlamento de Galicia, o Foro Enrique Peinador e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocou, con periodicidade anual, os Premios de Publicidade en Galego, co obxectivo de promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario en cumprimento do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico e do Plan xeral de normalización da lingua galega.

Premios

O xurado dos devanditos premios acordou propoñer como gañadores os traballos seguintes:

Categoría centro educativo
IES Leixa         
Somos 60% auga
Categoría Internet
GRUPO CUEVAS
(Ignacio de las Cuevas, SA)
Gústame ir ao Súper
Categoría prensa escrita
Martín Códax
Fillo do Atlántico
Categoría radio
Hidrotec - Tecnología del agua
H2ohhh!!!
Categoría televisión
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Non é tabú, é a vida. Falamos?