O galego campa 2016

Bota a andar unha nova edición do programa de dinamización lingüística O galego campa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado cos obxectivos de favorecer o desenvolvemento da actividade en galego no contexto dos campamentos de verán da Xunta de Galicia e mais de facilitarlle formación e recursos ao monitorado para a realización de actividades que animen os rapaces e rapazas a se expresar nesta lingua.

Dinámicas de educación global en 17 campamentos

Este ano, O galego campa volve chegar a 17 campamentos da Xunta de Galicia que se desenvolven no marco do programa Acción de Verán 2016 :

  • Albergue Municipal Quiroga (Quiroga, Lugo). Campamento "Explora o Courel"
  • Campamento Xuvenil Espiñeira (Boiro, A Coruña). Campamento "Candilexas"
  • Campamento Xuvenil Furelos (Melide, A Coruña). Campamento "Natureza no Camiño"
  • Campamento Xuvenil A Illa de Ons (Bueu, Pontevedra). Campamento "Big Bang Illa"
  • Campamento Xuvenil Pontemaril (Forcarei, Pontevedra). Campamento "A miña primeira aventura"
  • Albergue Xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa, Pontevedra). Campamento "Actividades no mar"
  • Albergue Xuvenil Benigno Quiroga (Portomarín, Lugo). Campamento "A miña primeira aventura"
  • Albergue Penedos de Xacinto (Entrimo, Ourense). "Teatro e aventura na natureza"
  • Campamento Xuvenil Pontemaril (Forcarei, Pontevedra). Campamento "Aventura na natureza"
  • Campamento Xuvenil Os Chacotes (Palas de Rei, Lugo). Campamento "Aventura_T"
  • Albergue Xuvenil Area (Viveiro, Lugo). Campamento "Natureza: medioambiente mariño e náutica"
  • Campamento Xuvenil Virxe de Loreto (Porto do Son, A Coruña). Campamento "Natureza xunto ao mar"
  • Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo, A Coruña). Campamento "Actividades no mar"
  • Estación de Montaña de Manzaneda (Manzaneda, Ourense). Campamento "Manzaneda, alta montaña"
  • Complexo O Corgo (Muíños, Ourense). Campamento "Vive a natureza"
  • Campamento Xuvenil A Devesa (Ribadeo, Lugo). Campamento "Multiaventura: medioambiente e mar"
  • Campamento Xuvenil Os Chacotes (Palas de Rei, Lugo). Campamento "Multiaventura nos Chacotes"

Nestes campamentos desenvolverase algunha das 7 dinámicas con que se acaba de enriquecer o Repositorio dixital do tempo libre en galego. Trátase de adaptacións de propostas dos programas de mocidade mocidade e inclusión social do Consello de Europa e do centro de recursos SALTO da Comisión Europea que, por primeira vez, se poñen a disposición do monitorado nunha das linguas cooficiais de Galicia para que lle sexan máis accesibles. A diferenza dos recursos ata agora existentes no repositorio, non se trata de actividades soltas, senón de series completas que xiran arredor dalgún aspecto da educación democrática e para os dereitos humanos.

O monitorado da campaña Acción de Verán 2016 ten ocasión de elixir, entre as 7 propostas, aquela dinámica que se axusta máis a cada campamento e de implicarse na súa posta en marcha.