Galicia culturea

Cultura e lingua no verán

  • Contos vellos para rapaces novos

    Contos vellos para rapaces novos

  • O zapateiro e o raposo

    O zapateiro e o raposo

  • Palabras máxicas

    Palabras máxicas

'Galicia Culturea. Cultura e lingua no verán' é un programa de actividades estivais que inclúe, entre outras , tres propostas de dinamización lingüística de rúa para todos os públicos dirixidas á promoción do uso da lingua propia de Galicia no tempo lecer. As actividades, impulsadas desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística en concellos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia chegarán, de xullo a setembro, a un total de 59 localidades no marco da celebración de festas locais para ampliar a oferta de ocio en lingua galega neste tipo de eventos.

'Contos vellos para rapaces novos'

'Cunha proposta de contacontos inspirada na obra homónima de Xosé Neira Vilas, o programa Galicia Culturea réndelle homenaxe ao escritor para achegarlle ao público xeral e, nomeadamente, ao familiar con cativada dos 5 aos 10 anos, unha manchea de historias que recrean mostras da narrativa tradicional de comunidades dos cinco continentes. Así, a actividade leva á rúa contos de tradición oral que chegan desde a Europa albanesa ou ucraína até as afastadas Nova Zelandia ou Australia, pasando polas asiáticas Birmania, India ou Xapón, as africanas Liberia, Malí ou Nixeria e narracións brasileiras, cubanas ou peruanas, entre outras. Quen participe nela terá oportunidade de facerse cun exemplar do fermoso libro editado en gran formato por Bolanda Edicións con ilustracións de Antía Barba.

Chegará entre xullo e agosto a 24 entidades da RDL, da man de Edicións Bolanda:

Xullo

  • Xoves 28, Mondoñedo, na Praza do Concello ou, en caso de choiva, na Casa da Xuventude, ás 19:30 horas.
  • Venres 29, Quintela de Leirado (en colaboración coa Mancomunidade de terras de Celanova), nas piscinas municipais ou, en caso de choiva, no Local Social, ás 18:00 horas.
  • Sábado 30, Burela (en colaboración coa Mancomunidade da Mariña Lucense), no recinto das festas do Monte Castelo ou, en cao de choiva, na Casa da Cultura, ás 12:00 horas.

Agosto

  • Luns 1, Zas, na carballeira de Zas, ás 18:00 horas.
  • Xoves 4, Boqueixón, na piscina municipal ou, en caso de choiva, no ximnasio municipal, ás 12:30 horas.
  • Xoves 4, Vila de Cruces, na Praza do Concello, ás 20:00 horas.
  • Sábado 6, Muxía, na Praza Cabo da Vila ou, en caso de choiva, no Salón de Actos do Voluntariado, ás 20:30 horas.
  • Domingo 7, Marín, na alameda municipal Rosalía de Castro ou, en caso de choiva, no Multiúsos da Praza de Abastos, ás 19:00 horas.
  • Martes 9, Valga, no parque dos Irmáns Dios Mosquera ou, en caso de choiva, na Casa da Cultura, ás 12:00 horas.
  • Venres 12, Abegondo, no campo da feira de Abegondo ou, en caso de choiva, no CEIP San Marcos, ás 12:00 horas.
  • Domingo 14, A Laracha, na explanada da biblioteca ou, en caso de choiva, na Casa da Cultura, ás 20:00 horas.
  • Mércores 17, Triacastela, na Praza da Igrexa ou, en caso de choiva, nos locais do Concello, ás 19:00 horas.
  • Venres 19, A Baña, na Agra de Chans, ás 12:00 horas.
  • Venres 19, Vedra, no campo da festa de Vedra ou, en caso de choiva, no Centro Sociocultural de Vedra, ás 20:00 horas.
  • Sábado 20, Cee, na Praza do 8 de marzo ou, en caso de choiva, no Auditorio Baldomero Cores, ás 11:30 horas.
  • Domingo 21, Ponteceso (en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal), no Xuncal Pequeno ou, en caso de choiva, na Casa dos Veciños, ás 16:00 horas.
  • Martes 23, Cartelle, na Praza do Concello ou, en caso de choiva, no Auditorio Municipal, ás 18:30 horas.
  • Xoves 25, Pontecesures, na Plazuela ou, en caso de choiva, no Centro Social, ás 12:00 horas.
  • Xoves 25, Ourense, na Praza de San Martiño ou, en caso de choiva, no Liceo de Ourense, ás 20:00 horas.
  • Venres 26, Noia, ás 12:30 horas na Praza do Curro ou, en caso de choiva, no Teatro Coliseo Noela.
  • Venres 26, Ames, ás 20:00 horas, na praia fluvial de Tapia ou, en caso de choiva, na Casa da Cultura do Milladoiro.
  • Sábado 27, Ribeira, na Praza do Concello ou, en caso de choiva, na Biblioteca Municipal, ás 12:00 horas.
  • Mércores 31, Ordes, na alameda ou, en caso de choiva, na Casa da Cultura, ás 11:00 horas.
  • Mércores 31, A Estrada, nos xardíns municipais, ás 20:00 horas.

'O zapateiro e o raposo'

A segunda das propostas de dinamización lingüística chega en formato de contacontos e, tamén destinada ao público de todas as idades, pon de novo en valor a oralidade en lingua galega para achegarnos nunha escenificación baixo carpa os lances máis divertidos dos protagonistas da nova saga do zapateiro. A cativada participante nesta actividade de rúa recibirá cadanseu exemplar do libro do mesmo título para darlle continuidade á narración na casa.

Chegará tamén durante xullo e agosto a 16 entidades da RDL, da man de Edicións Bolanda:

Xullo

  • Domingo 31, Cospeito, na piscina municipal ou, en caso de choiva, na Casa da Cultura, ás 18:30 horas.

Agosto

  • Mércores 3, O Barco de Valdeorras, na Praza Maior ou, en caso de choiva, no Teatro Lauro Olmo, ás 20:00 horas.
  • Venres 5, Bergondo, no Edificio A Senra ou, en caso de choiva, no patio do CEIP Cruz do Sar, ás 12:00 horas.
  • Sábado 6, Corcubión, na Praza de Castelao ou, en caso de choiva, no Centro Cultural Capela do Pilar, ás 12:00 horas.
  • Luns 8, O Bolo, no castelo, ás 20:00 horas.
  • Mércores 10, Sober, nas piscinas municipais ou, en caso de choiva, no Centro Sociocultural, ás 17:00 horas.
  • Luns 15, Arbo, na Praza do Concello ou, en caso de choiva, no Auditorio Municipal, ás 20:00 horas.
  • Mércores 17, Palas de Rei, na Praza da Ulloa ou, en caso de choiva, na Casa da Cultura, ás 12:00 horas.
  • Xoves 18, Boiro, no parque da Cachada ou, en caso de choiva, na Casa da Cultura, ás 12:00 horas.
  • Luns 22, Salceda de Caselas, na Praza do Concello ou, en caso de choiva, na biblioteca municipal, ás 12:00 horas.
  • Luns 22, Mos, no exterior do Pazo de Mos ou, en caso de choiva, no interior, ás 20:00 horas.
  • Mércores 24, Curtis, na Praza de España ou, en caso de choiva, no Edificio de Usos Múltiples, ás 12:00 horas.
  • Mércores 24, Santa Comba, na zona verde do Pazo de Santiso ou, en caso de choiva, no interior do pazo, ás 20:00 horas.
  • Sábado 27, Cabana de Bergantiños, na Praza de Canduas, ás 19:00 horas.
  • Domingo 28, Carral, no campo da feira ou, en caso de choiva, no Centro Social Toñito Espiñeira, ás 19:00 horas.

'Palabras máxicas'

A terceira proposta de promoción do uso do galego no lecer é unha peza de maxia para público de todas as idades a cargo do mago Dani García. O público asistente terá participación no espectáculo, ata o punto de que será el quen determine o seu guión, ademais de axudar a Dani a superar unha serie de retos que o fagan digno dun magnífico sombreiro de mago. A actividade de rúa, que se moverá por 20 municipios da RDL, é unha adaptación para fins de promoción da lingua doutra xa existente. Agora ofrece novos diálogos e números para presentar o idioma propio de Galicia como parte esencial da vida cotiá dos galegos e das galegas nun contexto estival e festeiro.

Poderase gozar en 20 entidades da RDL, de xullo a setembro, da man de Culturactiva:

Xullo

  • Martes 26, Arteixo, no anfiteatro do paseo fluvial ou, en caso de choiva, no auditorio do Centro Cívico, ás 19:00 horas, no marco das Festas do Santiago Apóstolo.
  • Mércores 27, Moraña, no patio da Casa da Cultura ou, en caso de choiva, no interior, ás 12:00 horas, no marco da Festa do Carneiro ao Espeto.
  • Mércores 27, Boimorto, na Praza da Gándara ou, en caso de choiva, no pavillón polideportivo, ás 20:00 horas, no marco da Festa do Apóstolo.
  • Xoves 28, Ortigueira, na alameda ou, en caso de choiva, no Teatro da Beneficencia, ás 18:00 horas, no marco das Festas de Santa Marta.
  • Sábado 30, Padrón, na Praza de Macías o Namorado ou, en caso de choiva, no Centro Social, ás 22:00 horas, no marco das Festas do Santiaguiño.

Agosto

  • Xoves 4, O Pereiro de Aguiar, no Parque do Concello ou, en caso de choiva, no salón de actos CEIP Ben Cho Shey, ás 11:00 horas, no marco do programa Verán na Ludoteca.
  • Xoves 4, Melide, na Praza do Convento ou, en caso de choiva, na Casa da Cultura, ás 20:30 horas, no marco do programa Verán Cultural.
  • Venres 5, Quiroga, no Parque da Constitución ou, en caso de choiva, no Pavillón Municipal, ás 12:00 horas, no marco das Festas do Verán.
  • Domingo 7, Xinzo de Limia, no Parque do Toural ou, en caso de choiva, na Casa da Cultura, ás 20:00 horas, no marco do I Feirón.
  • Sábado 13, A Cañiza, na rúa de Oriente ou, no caso de choiva, na Casa da Cultura, ás 12:30 horas, no marco da Festa do Xamón.
  • Sábado 13, As Neves, no campo de futbito da Estación ou, en caso de choiva, no Auditorio, ás 19:00 horas, no marco da Festa da Tortilla.
  • Xoves 18, Laxe, na Praza de Ramón Juega ou, en caso de choiva, no patio baixo cuberta da Praza dos Voluntarios, ás 20:00 horas, no marco do programa A pé de rúa.
  • Venres 19, Silleda, na rúa da Bandeira ou no Auditorio Manuel Dopazo, ás 19:00 horas, no marco da Festa da Empanada.
  • Sábado 20, A Pobra do Caramiñal (en colaboración coa Mancomunidade de Arousa Zona Norte), na Praza do Cantón da Leña ou, en caso de choiva, no Teatro Elma, ás 13:00 horas, no marco da Festa da Virxe do Carme dos Pincheiros.
  • Domingo 21, Portomarín (en colaboración co Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra), na Praza do Concello ou, en caso de choiva, no Pavillón de Deportes, ás 21:00 horas, no marco dos Domingos Folclóricos.
  • Luns 22, Viveiro, na Praza Maior ou, en caso de choiva, na Sala Multiúsos, ás 20:00 horas, no marco das Festas Patronais e do Verán.
  • Mércores 24, Barreiros, na Praza de San Bartolo ou, en caso de choiva, na Casa da Cultura, ás 20:00 horas, no marco das Festas de San Bartolo.
  • Xoves 25, Lousame, no exterior do polideportivo municipal ou, en caso de choiva, no interior, ás 12:00 horas, no marco das Xornadas Ludoteca de Verán.

Setembro

  • Venres 2, Ponteareas, na praza Maior ou, en caso de choiva, no Auditorio Municipal, ás 20:00 horas, no marco das Festas do Cristo da Vitoria.
  • Domingo 4, Ribadavia, no espazo cultural da igrexa da Madalena, ás 19:00 horas, no marco das Festas da Virxe do Portal.