Redecinema

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura e coa Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) pon en marcha a terceira edición do programa de dinamización lingüística Redecinema

  • Redecinema

    Redecinema

  • Mimosas

    Mimosas

  • Sinbad

    Sinbad

Redecinema é un programa de verán que emprega o cine como ferramenta de dinamización lingüística cos obxectivos de promover a creatividade con base en galego e aumentar a oferta de produtos de ocio e de cultura na lingua propia de Galicia.

En setembro Redecinema chegará a Rodeiro, Ribeira, Cerceda, Ribadavia, Sober, Carral, Triacastela, Boborás, Abegondo, O Rosal e A Baña. Estes concellos poderán escoller entre os seguintes filmes:

Todas as proxeccións, en formato de cine de verán (con gran pantalla en exterior), serán de acceso libre e de balde.

CALENDARIO DE PROXECCIÓNS

Provincia da Coruña:

  • 02/09/2018. Ribeira. O Apóstolo. Praza de Teruel (se chove, no Auditorio Municipal), ás 22.00 h
  • 03/09/2018. Cerceda. Sinbad. Campo da Feira de Cerceda (se chove, no Auditorio Municipal), ás 21.30 h
  • 15/09/2018. Carral. Pérez, O ratiño dos teus soños. Campo da Feira de Carral (se chove, no Centro Social Toñito Espiñeira), ás 21.00 h
  • 21/09/2018. Abegondo. Sinbad. Campo da Feira (se chove, no Centro Cultural O Salón), ás 21.00 h
  • 28/09/2018. A Baña. Pérez, o ratiño dos teus soños. Praza do Concello (se chove, no Lugar do Teatro), ás 21.00 h

Provincia de Lugo:

  • 14/09/2018. Sober. Mimosas. Praza do Toural de Sober (se chove, no Centro Sociocultural), ás 22.00 h
  • 19/09/2018. Monforte de Lemos. O Apóstolo. Praza de España (se chove, na Casa da Cultura), ás 21:00 h
  • 21/09/2018. Xove. Pérez, o ratiño dos teus soños. Praza do Concello (se chove, no Pavillón Municipal de Xove), ás 22:00 h
  • 22/09/2018. Triacastela. Pérez, o ratiño dos teus soños. Pavillón do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela, ás 19.00 h

Provincia de Ourense:

  • 06/09/2018. Ribadavia. Pérez, o ratiño dos teus soños. Auditorio do Castelo de Ribadavia (se chove, no auditorio da Casa da Cultura), ás 22.00 h
  • 23/09/2018. Boborás. Pérez, o ratiño dos teus soños. Saleta (Astureses) (se chove, no local social de Boborás), ás 19.00 h

Provincia de Pontevedra:

  • 01/09/2018. Rodeiro. Pérez, o ratiño dos teus soños. Praza a carón da Avenida Aviador Gumersindo Areán (se chove, na Casa da Cultura), ás 22.00 h
  • 20/09/2018. Moraña. Sinbad. Patiio da Casa da Cultura (se chove, na Casa da Cultura), ás 20.30 h
  • 22/09/2018. O Rosal. Pérez, o ratiño dos teus soños. Auditorio Municipal, ás 22.00 h
  • 23/09/2018. Tomiño. Pérez, o ratiño dos teus soños. Praza do Seixo (se chove, na Casa da Cultura), ás 20.00 h

Obxectivos emanados do Plan xeral de normalización da lingua galega

Os obxectivos do programa Redecinema entroncan cos recollidos no Plan xeral de normalización da lingua galega, que aspira a promover a creatividade con base en galego e mais a aumentar a oferta de produtos de cultura e de ocio na nosa lingua. En especial, Redecinema persegue:

  • promover o uso do galego nas actividades lúdicas e de lecer
  • visibilizar a acción dinamizadora en lugares abertos e públicos
  • potenciar artistas e dinamizadores galegos
  • favorecer a incorporación do galego á programación das actividades para o verán realizadas nos concellos

 

Vídeo promocional do programa Redecinema 2018