FalaRedes 2019

FalaRedes ofrece actividades en galego para o tempo de lecer coa finalidade de ampliar a oferta de ocio no noso idioma, reforzar a oferta de actividades en galego dos concellos da Rede, promover o uso e valoración positiva da lingua propia de Galicia e apoiar os artistas que desenvolvan o seu traballo neste idioma.