Festival Internacional Kerouac

A Secretaría Xeral de Política Lingüística apoia a celebración da cuarta edición en Nova York do festival Kerouac. que leva a poesía en galego ao outro lado do Atlántico

Poesía, música e arte nas súas distintas formas, combinadas e expandidas, enriquecidas en mutuas sinerxias e en tres linguas: galego, inglés e castelán, que conviven dentro e fóra do escenario. En catro espacios distintos da cidade de Nova York: Instituto Cervantes, La Nacional, NYC Ferry East Rivier e Bowery Poetry Club.

A cita terá lugar entre o 3 e o 6 de abril e reunirá artistas e escritores galegos -Celia Parra, José Lameiras, Marcos de la Fuente, Alberto Avendaño, Vanesa Álvarez, Francisco Álvarez "Koki", Wöyza, Francisco Castro...-, estadounidenses e mexicanos cos obxectivos de establecer redes e foros de participación, poñer en valor as linguas galega e española en EE.UU, erradicar prexuízos e unificar esforzos a prol da propagación da cultura como instrumento necesario para transmformar e mellorar a sociedade ou colocar a poesía como ben de consumo cotián co fin de mellorar a linguaxe e con iso a convivencia.

 

VÍDEO