Volver

25 aniversario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

  • Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

    Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, adscrito á Secretaría Xeral de Política Lingüística, conmemora en 2018 os seus 25 anos de actividade cun programa de actos que se desenvolve de marzo a decembro na súa sede do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela.

O programa intégrano unha exposición e cinco citas académicas, unha conferencia e catro xornadas. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, certificará a asistencia ás xornadas. Para iso, será necesario que os interesados e interesadas se inscriban no web institucional do CRPIH a partir do xoves 21 de marzo.

Programa

Conferencia de apertura

21 de marzo de 2017 ás 12:30 h

A conferencia de apertura do programa correrá a cargo de Darío Villanueva, presidente da RAE, quen disertará sobre o tema "A voltas coa posverdade"

 

O Centro Ramón Piñeiro: a súa creación e a súa importancia examinadas desde ángulos distintos (8 horas)

12 de xullo de 2018

Nesta xornada rememorarase o proceso de creación do Centro, a razón do seu nome, a relevancia da súa investigación e a súa proxección internacional. O programa incluirá:

10,00 - 10,30 horas. Siro López: "A miña visión de Ramón Piñeiro".

10,30-10,50 horas. Manuel González: "Constantino García, o primeiro coordinador científico do CRPIH".

10,50-11,00 horas. Breve intervención de D. Juan Piñeiro Permuy, conselleiro de Educación que puxo en marcha o Centro Ramón Piñeiro.

11,00-12,30 horas. Mesa redonda: "A posta en marcha e a vida do Centro a través dos seus investigadores". Participarán: Mercedes Brea López, Marisol López Martínez, Xesús Ferro Ruibal, Francisco García Gondar, Modesto Hermida García, Blanca Ana Roig Rechou e Anxo Tarrío Varela. Coordina: Armando Requeixo.

12,30-13,30 horas. Mesa redonda: “25 anos do Centro Ramón Piñeiro: unha visiíon desde os seus responsables políticos". Participarán: Manuel Regueiro Tenreiro, Xesús Pablo González Moreiras, Marisol López Martínez, Anxo Lorenzo Suárez, Valentín García Gómez. Coordina: Manuel González.

13,30-14,00 horas. Visita á exposición das publicacións realizadas polo Centro Ramón Piñeiro nos 25 anos de historia e as mostras dos legados recibidos no Centro para a súa custodia e estudo.

16,30-18,00 horas. Mesa redonda: "O Centro Ramón Piñeiro visto polos bolseiros/as". Participarán: Rut Losada Soto, Xesús Mosquera Carregal, Mª Teresa Monteagudo Cabaleiro, Isabel Soto, X. Xabier Ron Fernández e Monserrat Muriano Rodríguez. Coordina: Tania de Dios Miguéns.

18,30-19:30 horas. Mesa redonda: "25 anos de xestión do Centro Ramón Piñeiro vistos polo persoal de administración". Participarán: Juan Porrúa, Manuel Anxo Castro Mato, Ruth Otero Villar e María Carme Nieves Seoane.

19.30 horas. Clausura da xornada

 

Exposición

No marco da celebración da xornada do 24 e 25 de maio inaugurarase unha mostra das publicacións realizadas polo CRPHI nos 25 anos de historia e do legado recibido para a súa custodia e estudo.

 

Os legados ao Centro Ramón Piñeiro (4 horas)

Xornada de homenaxe a tres figuras importantes da lingüística: o profesor alemán Jürgen Untermann e os galegos Aníbal Otero e Elixio Rivas. Os tres fixeron doazón dos seus fondos documentais ao Centro Ramón Piñeiro para a súa custodia e para poñelos ao dispor dos investigadores. Están programadas as seguintes intervencións:

  • Luís Alonso Girgado: "A importancia dos legados dentro dos fondos do Centro Ramón Piñeiro"
  • Virgilio García Trabazo: "Jürgen Untermann, unha figura transcendental para o coñecemento da realidade lingüística prerromana da Península Ibérica"
  • Ramón Mariño: "Elixio Rivas, o lingüista apasionado pola nosa cultura material"
  • Antón Santamarina: "Aníbal Otero, unha figura clave no coñecemento do léxico e da dialectoloxía galega"

 

O Centro Ramón Piñeiro e a investigación lingüística (8 horas)

Conferencia de clausura a cargo de Guillermo Rojo, tesoureiro da RAE.

Nesta xornada final farase unha valoración da importancia e da transcendencia dos proxectos no ámbito lingüístico levados a cabo nos 25 anos de vida do centro, con especial atención a:

  • Tradutor automático español-galego (Es-Gl)
  • Sintetizador de voz en galego (Cotovía)
  • Base de datos informatizada de lingua galega (BILEGA)
  • Corpus de referencia do galego actual (CORGA)
  • Corpus documentale latinum GAllaeciae (CODOLGA)
  • Base de datos do ALiR
  • O Dicionario italiano
  • Os traballos terminolóxicos
  • Os traballos no ámbito da fraseoloxía