AULA DE GALEGO. MANUAL DO ALUMNADO
Unidade 3. A miña casiña, o meu lar
Nesta unidade imos deseñar unha casa ideal e buscar un compañeiro para compartir piso
Para iso, imos aprender:
- a expresar existencia e localización
- a describir obxectos: formas, estilos e materiais
- a facer comparacións a describir barrios, rúas e vivendas
- a definir os servizos máis prioritarios na veciñanza
- o artigo indeterminado
- algúns cuantificadores
- o superlativo relativo