Volver

Tres historias para ver... e aprender!

Velaquí tres fermosas curtas de animación para gozar e traballar nas escolas infantís ou en familia: Os sete cabritos, A pota que trota e Fiz, o coleccionista de medos. A Secretaría Xeral de Política Lingüística anima o profesorado a utilizalos xunto coas propostas didácticas que os acompañan. E os pais e nais, a gozar deles cos seus pequenos.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística anima o profesorado a utilizalos xunto coas propostas didácticas que os acompañan. E os pais e nais, a gozar deles cos seus pequenos. Estes audiovisuais, desenvolvidos por OQO Editora, foron enviados recentemente en formato DVD a todos os centros educativos de Galicia que imparten educación infantil.

Audiovisual Os sete cabritos

Audiovisual A pota que trota

Audiovisual Fiz, o coleccionista de medos

Propostas didácticas

Elaboradas por profesionais con ampla e recoñecida traxectoria na educación infantil, estas propostas desenvolven o currículo desta etapa educativa co obxectivo fundamental de contribuír ao desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística. Os nenos e nenas, ademais de escoitaren un modelo de fala de calidade na narración, poderán expresarse, manifestar preferencias e sentimentos, dialogar cos compañeiros, narrar... para desenvolver as competencias activas.

Proposta didactica para Os sete cabritos

Proposta didáctica para Os sete cabritos

Proposta didactica para A pota que trota

Proposta didáctica para A pota que trota

Proposta didactica para Fiz, o coleccionista de medos

Proposta didáctica para A pota que trota

Educadores e transmisores da lingua

Estes materiais creáronse como apoio aos docentes e queren todo o seu dinamismo e coñecementos para completaren a súa función. Para que cumpran o seu obxectivo é imprescindible non limitar a actividade a unha proxección, senón acompañala dun traballo que promova o diálogo e as accións que garantirán a comprensión e a produción de lingua.Esperamos que estes audiovisuais contribúan a construír unha experiencia interesante e divertida, cun clima de aula en que impere a confianza e o afecto, o clima axeitado para aprender lingua.