Volver

Magento

  • Magento

    Magento

Magento é unha plataforma web de comercio electrónico. Esta plataforma proporciona a escalabilidade, flexibilidade e funcionalidades para acompañar as empresas no seu crecemento. Ofrécelles ás empresas un gran control sobre o contido, a presentación e as funcionalidades da súa canle comercial en liña. Posúe un panel de administración moi amigable e intuitivo que permite unha xestión integral da tenda en liña sen posuír maiores coñecementos técnicos. Características xerais: administración do sitio, promocións e ferramentas de marketing, posibilidade de internacionalización (multiidioma) da tenda, pagos en liña, administración de catálogos, etc. Destaca por ter unha estrutura interna limpa que favorece o posicionamento en buscadores.

Magento ten como punto forte a creación de múltiples tendas dende unha mesma interface de administración. A interface de administración é unha das máis completas dispoñibles no mercado. A integración dos deseños gráficos elaborados polos profesionais faise dunha forma limpa e sinxela. Magento distribúese con licenza OSL.