Volver

Colección de Vídeos Didácticos

Esta iniciativa xunta no seus obxectivos a posta en valor do saber e do talento científicos coa promoción da lingua galega na docencia virtual.

  • Colección de Vídeos Didácticos da USC

    Colección de Vídeos Didácticos da USC

A natureza ondulatoria da luz, que é unha constitución, illando a diversidade ou os ósos están vivos. Estes son algúns dos títulos cos que bota a andar a Colección de Vídeos Didácticos da USC, unha iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade compostelá que pretende colectar unha serie de pezas audiovisuais útiles para a docencia e a divulgación ao tempo que crear novas oportunidades de comunicación para o profesorado e o alumnado universitario.