Dereitos e deberes

Filtrar por...

Temos dispoñibles para consulta 14 preguntas frecuentes
mais
Que son os CELGA?

CELGA é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas. Configurado mediante distintos niveis de lingua, recolle as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas e agrupa os contidos:

  •  Lingua e comunicación: funcións comunicativas,
  •  Lingua e sistema: coñecemento do código e Lingua, cultura e sociedade: contidos socioculturais.
mais
Cantos niveis hai?

Hai cinco niveis, do CELGA1 ao CELGA5 por orde de menor a maior dificultade

mais
Para que serven os CELGA?

Para certificar un coñecemento de galego a efectos de requisitos ou méritos laborais e académicos.

mais
Como se obteñen os certificados?

Os certificados obtéñense mediante un exame que deberá ser superado e que terá lugar en dúas convocatorias anuais. Esta proba será de carácter obrigatorio e avaliada por un tribunal; a asistencia aos cursos preparatorios non dá dereito a obter un certificado.

Podes ver aquí as próximas convocatorias de formación e das probas.

mais
Podo presentarme ás oposicións co certificado de iniciación ou de perfeccionamento?

Se quere presentarse a unha oposición á Administración galega e xa ten un certificado de iniciación ou de perfeccionamento de galego, non ten que facer un exame para conseguir un CELGA. Pode acreditar o seu nivel de coñecemento de galego co certificado anterior (iniciación, oral e perfeccionamento ou validacións correspondentes) sempre e cando o certificado que presente sexa o esixido para o posto ao que quere optar, segundo se indique na convocatoria (sexa de concurso, de oposición ou de contratación laboral).

mais
Como podo prepararme para o exame dos CELGA?

Hai dúas opcións: asistindo a un curso preparatorio para o nivel do CELGA ao que queira optar e que se convoca periodicamente (consulta aquí as convocatorias de formación) ou ben de maneira autodidacta, sempre tendo en conta o programa do CELGA ao que quere optar.

Na nosa web dos CELGA temos materiais para a preparación das probas de cada nivel e modelos de exame por se os quere preparar pola súa conta.

mais
Con que periodicidade se convocarán cursos do Celga?

Os cursos preparatorios para o exame dos distintos niveis do Celga celebraranse ao longo de todo o ano. Para obter a información sobre datas concretas deberá poñerse en contacto co Gabinete Provincial de Normalización da provincia onde desexe realizar o curso preparatorio ou consultar as convocatorias de formación actuais.

mais
En que modalidade (presencial, a distancia) se imparten os cursos?

Os cursos preparatorios impártense de maneira presencial, e a asistencia a eles non é obrigatoria. Pódese preparar por libre o programa do nivel Celga ao que queira presentarse.

Ademais, na rede xa están dispoñibles materiais de axuda para a preparación dos Celga.

mais
Cómpre examinarse unha vez realizado o curso correspondente para obter un certificado?

É imprescindible presentarse ao exame e superalo para obter un certificado Celga. A asistencia a un curso preparatorio é unha medida de axuda no proceso de aprendizaxe do idioma, pero non certifica a superación dun nivel. Os exames realízaos e avalíaos unha comisión central avaliadora, non o profesor do curso preparatorio.

mais
Con que periodicidade se convocarán os exames Celga?

Haberá unha convocatoria anual.

Podes consultar aquí as datas das probas.