Volver

Nós no Mundo 2018

  • Nós no Mundo 2018

    Nós no Mundo 2018

Nós no Mundo (We in the World) é un informe reflexivo de periodicidade anual arredor da acción exterior galega, que presta especial atención ao acontecido no exercicio precedente mais tamén, á vista das inmensas dificultades existentes para establecer fronteiras cronolóxicas a certos niveis, afondar nas proxeccións temáticas máis sobresalientes respecto ao seguinte e vindeiros anos. O Nós No Mundo é unha das publicacións regulares de referencia do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) dende o ano 2010.

O esforzo no acompañamento e seguimento da acción exterior de Galicia, súmase a unha preocupación que está na raíz da propia existencia do IGADI, promover a proxección internacional e facer a función de foro cívico onde as diferentes sensibilidades e demandas neste eido poden atopar un espazo de acomodo desde unha perspectiva tanto crítica como construtiva.