Volver

Informe anual do IGADI 2018-2019

Baixo o título En rumbo de colisión, e por duodécimo ano consecutivo, o Informe anual do IGADI achega as principais chaves da política internacional do pasado ano, 2018 e as perspectivas para o 2019, marcadas polos intereses xeopolíticos contrapostos dos Estados Unidos de Donald Trump, a Rusia de Vladimir Putin e a emerxente China de Xi Jinping, que determinan un risco conflitivo crecente.

Baixo a dirección de Daniel González Palau, director do IGADI, e de Xulio Ríos, o seu presidente de honra, e coa coordinación editorial de Roberto Mansilla Blanco, esta edición conta como novidade coa firma convidada do analista e ex embaixador venezolano Alfredo Toro Hardy.