Volver

Galegos no Minho

  • Galegos no Minho

    Galegos no Minho

O volume Galegos no Minho. 20 anos do Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho conmemora as dúas décadas en activo deste centro pertencente á Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia.

A obra fai un repaso polas accións e iniciativas de proxección exterior do galego desenvoltas en Braga dende a fundación do centro de estudos galegos, recompila artigos de persoas que contribuíron ás súas actividades e propostas durante estes 20 anos así como os doutras vencelladas a diferentes centros de esutdos galegos que quixeron sumarse á celebración.

A publicación foi presentada no marco da 4ª Semana de Convergências Portugal Galiza e enmárcase nas medidas de cumprimento da Lei Paz-Andrade para a proxección internacional do galego no ámbito lusófono.