O galego campa 2019

Volve O galego campa!, o programa da Secretaría Xeral de Políltica Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado destinado a favorecer o uso do galego nos campamentos de verán da Xunta de Galicia e mais a facilitarlle ao monitorado formación e recursos para o desenvolvemento de dinámicas que animen os rapaces e rapazas a se expresar nesta lingua, de acordo coas liñas de traballo que se establecen no Plan de Dinamización da Lingua Galega na Mocidade 2019-2022. Este ano, faino coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade no marco da campaña Nós contra a violencia, que se engloba no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

  • Este ano, O galego campa! enmárcase nas accións do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

    Este ano, O galego campa! enmárcase nas accións do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

  • O galego campa 2019

Está en marcha a oitava edición do programa O galego campa!, que este ano combina a dinamización lingüística coa sensibilización fronte á violencia de xénero e que se desenvolve grazas á colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Secretaría Xeral da Igualdade e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Como sempre, O galego campa! incluirá novos materiais prara o  Repositorio dixital de tempo libre en galego, de libre acceso para educadores e educadoras e para calquera outra persoa interesada. Serán propostas encamiñadas a fomentar o diálogo na lingua propia de Galicia arredor da igualdade entre mulleres e homes, a educación para a paz e a prevención da violencia de xénero.

Ademais, a empresa de educación non formal O Falcón Branco levaralles a dinámica "Canto te quero: conversas en grupo para falar de amor" ao monitorado e á mocidade participante nestes 22 campamentos da Acción de Verán da Dirección Xeral de  Xuventude, Participación e Voluntariado:

 

Axenda 

Data e hora

Lugar

Actividade

Concello

20 de xullo ás 12:00 horas

Albergue Xuvenil Furelos

Natureza no Camiño

Melide (A Coruña)

20 de xullo ás 22:30 horas

Residencia Xuvenil Florentino Cuevillas

Conecta con Galicia (primeira quenda)

Ourense

21 de xullo ás 17:45 horas

Campamento Xuvenil Espiñeira

Candilexas

Boiro (A Coruña)

22 de xullo ás 12:00 horas

Campamento Xuvenil Virxe de Loreto

Natureza xunto ao mar

Porto do Son (A Coruña)

22 de xullo ás 16:00 horas

 Campamento Xuvenil Pontemaril

Aventura na natureza

 Forcarei (Pontevedra)

22 de xullo ás 18:00 horas

Campamentos Xuvenil Pontemaril

A miña primeira aventura

Forcarei (Pontevedra)

23 de xullo ás 11:30 horas

 Campamento Xuvenil Penedos de Xacinto

Teatro e aventura na natureza

Entrimo (Ourense)

26 de xullo ás 12:00 horas

Campamento Xuvenil Illa de Ons

Big Bang Illa

Bueu (Pontevedra)

26 de xullo ás 22:30 horas

Residencia Xuvenil Florentino Cuevillas (Ourense)

Conecta con Galicia (segunda quenda)

Ourense

27 de xullo ás 10:00 horas

Albergue Xuvenil Area

NaturArea: ambiente mariño e náutica

Viveiro (Lugo)

27 de xullo ás 16:00 horas

Campamento Xuvenil A Devesa

Multiaventura: ambiente e mar

Ribadeo (Lugo)

27 de xullo ás 18:00 horas

 Campamento Xuvenil A DevesaAcampada a carón do marRibadeo (Lugo)
29 de xullo ás 16:00 horas Albergue A Vilavella Aventura na Estación  A Mezquita (Ourense)
2 de agosto ás 12:00 horas Poboado Os Peares Adventure Camp Carballedo (Lugo)
2 de agosto ás 18:00 horas Albergue Xuvenil Benigno Quiroga A miña primeira aventura Portomarín (Lugo)
4 de agosto ás 16:00 horas Albergue Xuvenil de Gandarío Actividades no mar Bergondo (A Coruña)
5 de agosto ás 12:00 horasEstación de Montaña de Manzaneda Manzaneda Alta Montaña Manzaneda (Ourense)
5 de agosto ás 18:30 horasComplexo O Corgo Ven explorar con nós Muíños (Ourense)
6 de agosto ás 18:00 horasCampamento Xuvenil Os ChacotesAventura-T  Palas de Rei (Lugo)
7 de agosto ás 11:00 horasGranxa Zoo GrixalbaA aldea perdida Sobrado (A Coruña)
7 de agosto ás 18:00 horas Albergue Xuvenil Mariña EspañolaAventura nas MariñasSada (A Coruña)
7 de agosto ás 22:00 horasAlbergue Xuvenil As SinasActividades no mar Vilanova de Arousa (Pontevedra)
    

 

 

Conversas en grupo para falar de amor

Co lema "O galego campa, a violencia non campa", este ano a dinámica que se leva aos campamentos persegue os seguintes obxectivos:

  • Introducir reflexión con perspectiva de xénero nos campamentos
  • Axudar a identificar a violencia de xénero
  • Promover a toma de posicións que axuden a minorar comportamentos que poidan derivar en abusos e faltas de respecto

Para lograr estas metas, realizarase unha sucesión de pequenas actividades adaptadas ás idades e perfís dos participantes de cada campamento ata achegar os rapaces e rapazas á exposición da Secretaría Xeral da Igualdade Á violencia de xénero... dille NON!. Estas actividades incluirán a argumentación, o debate, o teatro  e o xogo, porque unha participación lúdica pode lograr mellor ca outros tipos de intervención a necesaria implicación dos destinatarios para que a intervención educativa funcione.

A dinámica está pensada para que os equipos de monitores e monitoras, a raíz da observación dos procesos desenvoltos con cada grupo de xente nova, poidan seguir construíndo sobre o traballo iniciado na sesión de O galego campa!

 

Plan de dinamización da lingua galega entre a mocidade

Os obxectivos xerais de O galego campa! están en consonancia cos recollidos no Plan de dinamización da lingua galega na mocidade  que se presentou no Parlamento de Galicia o pasado 3 de xullo de 2019, un plan elaborado pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

A finalidade última de O galego campa! é promover a galeguización lingüística das actividades educativas de tempo libre en Galicia mediante a realización de intervencións de educación non
formal que axuden a desenvolver actitudes positivas cara á lingua galega por parte de mozas, mozos,
educadoras e educadores:

  • Actividades de dinamización que permitan introducir de modo empático a lingua galega nos campamentos.
  • Propostas educativas que favorezan a reflexión e a anovación metodolóxica de programas entre os equipos de profesionais que traballan na campaña de verán.
  • Intervencións no tempo libre de calidade co galego como referente.