Volver

Tradutores automáticos

  • Tradutores Automáticos

    Tradutores Automáticos

  • Gaio: ferramenta para a tradución automática de textos e navegación web. Inclúe unha personalización de máis de 16.000 termos entre os que se inclúe a toponimia de Galicia, terminoloxía específica da administración, nomenclatura vinculada ás corporacións de todos os Concellos, Consellerías etc... Esta personalización, que inclúe vocabulario optimizado, funciona para a tradución bidireccional galego-castelán e galego-portugués. Aínda que o Gaio tamén permite a tradución doutros pares de idiomas (por exemplo inglés-galego, inglés-castelán, francés-castelán, catalán-castelán) nestes outros casos empréganse dicionarios xenéricos que non utilizan xa o vocabulario específico de Gaio (polo que sempre se recomenda a revisión posterior dos textos de cara a evitar erros na tradución de nomes propios, topónimos...).
  • Opentrad: Imaxin ofrece de balde a tradución de textos en numerosas linguas entre as que figura o galego e paralelamente tamén ofrece a posibilidade de traducir automaticamente documentos nos formatos máis habituais mantendo o seu formato e estilo orixinal.

  • Tradutor de Google: Google ofrece de balde un tradutor de textos e páxinas web que inclúe o galego entre as súas linguas e que incluso integra recoñecemento e síntese de voz.

  • Tradutor OpenTrad apertium: Dende o Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo ofrecen unha versión en liña de OpenTrad que funciona con texto, páxinas web e documentos (texto, HTML e RTF).

  • TradutorGalego para móbil: Ferramenta que traduce textos do galego ao español, catalán, francés, inglés e viceversa creada por Smart GalApps. Está dispoñible para iOS e Android.