Volver

Dicionario Digalego

Dicionario Digalego

Con máis de 65 000 entradas, o Digalego é o dicionario máis completo da lingua propia de Galicia, que a Xunta pon a disposición de toda a cidadanía grazas ao acordo acadado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, que elaborou esta obra ao longo de 20 anos de traballo.

Digalego segue as regras ortográficas e morfolóxicas acordadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en xullo de 2003 e toma como base léxica o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa). Respecto das súas utilidades, cómpre destacar que desenvolve todos os verbos con candansúa conxugación, ademais de considerar como entradas todas as formas verbais, e que recolle tamén (baixo a epígrafe “Repertorio de formas incorrectas”) unha serie de voces non admitidas en galego (castelanismos, estranxeirismos, vulgarismos, hiperenxebrismos etc.), que remiten á súa forma correcta. Tamén resultan salientables nel o apéndice gramatical co que conta e a opción de facer a busca de palabras desde entradas en portugués, castelán, inglés, alemán, francés e italiano coas correspondentes equivalencias nas mencionadas linguas, ademais de en alemán e en chinés.