Resultados da busca

Temos dispoñibles para consulta 7 resultados relacionados con "FalaRedes"
16/05/2017

O tren que me leva

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, Renfe Viaxeiros, ADIF, Leite Noso, Editorial Galaxia e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Arzúa únense nun programa de homenaxe a Carlos Casares construído arredor do interese polo tren que mostraba o autor das Letras 2017 e o papel relevante que este medio de transporte tivo na súa vida.

02/03/2017

Programa de Dinamización Lingüística FalaRedes 2017

Está en marcha a sexta edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes, que lles leva aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística novas propostas para gozar do tempo de lecer en galego.

16/03/2016

Programa de Dinamización Lingüística FalaRedes 2016

O programa de dinamización lingüística FalaRedes chega á súa quinta edición con novas propostas para gozar do tempo libre en galego que se desenvolverán a partir de febreiro nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

17/06/2015

Programa de Dinamización Lingüística FalaRedes 2015

Arranca a cuarta edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes! E faino, coma sempre, con propostas de lecer en galego pensadas para todas as idades coas que promover o uso e a valoración positiva da lingua propia de Galicia. As novas actividades chegarán desde marzo e ata decembro aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), coa colaboración das deputacións provinciais que participan na RDL en concellos da súa competencia territorial.

19/12/2014

Programa de Dinamización Lingüística FalaRedes 2014

Xa está en marcha a nova edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes. Por terceiro ano consecutivo, propoñemos actividades para os nenos e os non tan nenos coas que encher o tempo de ocio en galego e coas que promover o uso e a valoración positiva da lingua propia de Galicia.

Velaquí as seis propostas que, con case 200 sesións repartidas polos concellos das catro provincias pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística, percorrerán Galicia este 2014.

19/12/2013

Programa de Dinamización Lingüística FalaRedes 2013

A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha por segunda vez o programa de dinamización lingüística FalaRedes, con actividades para os máis novos da casa que se desenvolverán en concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL). Deste xeito, complementa as iniciativas de promoción do galego que contén a propia planificación da RDL para o ano 2013 e que inclúe actividades para a promoción do galego entre a mocidade, no ámbito do deporte ou durante as festas do Nadal, entre outras.

19/12/2012

Programa de Dinamización Lingüística FalaRedes 2012

Deu comezo FalaRedes, o novo programa de dinamización da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística. FalaRedes levarase adiante en 100 localidades en que se radican outras tantas entidades pertencentes á RDL. Consta de 250 sesións.