Resultados da busca

Temos dispoñibles para consulta 2 resultados relacionados con "2018 - María Victoria Moreno"
07/02/2019

Antonio Fraguas Fraguas

Antonio Fraguas naceu en Loureiro (Cerdedo-Cotobade) o 28 de novembro de 1905. Fillo de Manuel Fraguas Rodríguez e de María Teresa Fraguas Vázquez, foi rexistrado inicialmente cos dous apelidos da nai e só pasaría a apelidarse Fraguas Fraguas en 1912, cando o pai volveu do Brasil onde estaba emigrado desde meses antes do seu nacemento, casou coa nai e recoñeceu o fillo.

12/02/2018

María Victoria Moreno

Esta pontevedresa de adopción chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, e axiña asumiu a cidadanía en galego, a lingua que escolleu tanto para as súas obras narrativas infantís e xuvenís como para os seus estudos literarios, o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua e da literatura galegas. Isto permítenos definila como "galega de elección".