Resultados da busca

Temos dispoñibles para consulta 7 resultados relacionados con "Tradutor"
24/01/2017

TERGAL: Banco de termos galegos recomendados

O Servizo de Terminoloxía Galega (TERMIGAL) vén de publicar TERGAL, un banco de termos científicos e técnicos normativos
22/01/2016

Dicionario Digalego

Con máis de 65 000 entradas, o Digalego é o dicionario máis completo da lingua propia de Galicia, que a Xunta pon a disposición de toda a cidadanía grazas ao acordo acadado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, que elaborou esta obra ao longo de 20 anos de traballo.
13/09/2015

Corrector de galego Galgo

O corrector imaxin Galgo é o primeiro corrector que soluciona non só erros de carácter tipográfico e ortográfico, senón tamén léxicos, que se poden atopar en textos escritos en galego. Esta nova versión de imaxin Galgo actualiza e mellora esta ferramenta, pensada para a análise dos problemas de carácter ortográfico e léxico que poidan aparecer en textos escritos en galego.

24/04/2015

Gaio

 O tradutor Gaio é unha ferramenta de código libre, baseada nunha plataforma de código aberto, que permite a tradución de texto plano e tamén a tradución inmediata de páxinas web entre o galego e os idiomas castelán, catalán, inglés, francés e portugués.

09/02/2015

Servizos ao cidadán da Secretaría Xeral de Política Lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística ten a responsabilidade da coordinación da planificación e da execución da política lingüística da Xunta de Galicia. Pero, ademais disto, a SXPL cobre numerosos servizos para a cidadanía. Xa os coñeces? Convidámoste a facer un percorrido polos departamentos que, a diario, resolven dúbidas lingüísticas, tramitan queixas en materia de lingua ou validan as traducións de documentación en galego cando se precisa para outros territorios.