Valentín García participa no acto de entrega do Premio Ramón Otero Pedrayo a Margarita Ledo

Volver
  • Valentín García no acto de entrega do Premio Otero Pedrayo a Margarita Ledo
  • Valentín García no acto de entrega do Premio Otero Pedrayo a Margarita Ledo

O galardón concédeno a Xunta de Galicia e as catro deputacións

Pontevedra, 5 de marzo de 2018.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega do Premio Ramón Otero Pedrayo á escritora, cineasta e académica da lingua galega Margarita Ledo Andión. O galardón, dotado con 16.000 €, concédeno desde o ano 1977 a Xunta de Galicia e mais as catro deputacións en recoñecemento á traxectoria de personalidades que contribuísen a fomentar a cultura galega.