Volver

Os primeiros premios Morales para a promoción do galego entregáronse no Bierzo

Os traballos gañadores, seleccionados pola súa orixinalidade, creatividade e calidade estética e lingüística, integran un novo volume editado por Positivas

  • Entrega dos premios, aos que pode concorrer o alumnado dos 19 centros de estudo do galego en León e Zamora

Carucedo (León), 20 de outubro de 2018.-  A Pedanía das Médulas, en Carucedo, acolleu a entrega dos I Premios Morales para a Promoción da Lingua Galega no Bierzo. Tras os pasos de Morales: os magostos, convocados no marco do Programa de Promoción da Lingua Galega no Bierzo que coordina desde a Xunta de Galicia a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Premiáronse, en tres categorías diferentes, traballos dos 19 centros de estudo do galego desta área galegofalante dos territorios de León e de Zamora, seleccionados pola súa orixinalidade, creatividade e calidade estética e lingüística, que integran un novo volume editado por Positivas. O acto, no que participou a subdirectora xeral de Política Lingüística, María Lourdes Batán, incluíu un contacontos a cargo de Paula Carballeira e pechouse cun magosto popular.

A iniciativa ten como obxectivos dinamizar a lingua galega e poñer en valor a figura de Antonio Fernández Morales, autor berciano, e conta tamén coa colaboración da Comisión Cultural Martín Sarmiento, da junta de Castela e León, do Consejo Comarcal del Bierzo, do Instituto de Estudios Bercianos, do Grupo As Médulas, da Real Academia Galega e de Edicións Positivas.