Volver

A Orde da Vieira celebra o seu Capítulo xeral ás portas do Xacobeo

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nos actos que incluíron a recepción como novo membro de Xabier Gómez-Montero, responsable do CEG de Kiel, e de José Antonio Alejandro, presidente da Hermandad Gallega de Venezuela.

Tamén se entregaron a Vieira de Honor á Calidade Artística a Nando Arquero e os Trofeos de Galeguidade 2020 a Modesto Seara, á Hermandad Gallega de Venezuela e aos Cuadernos de Estudios Gallegos.

Foron investidos doce novos e novas confrades.

Madrid, 7 de marzo de 2020. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Hotel Meliá Castilla de Madrid, no quincuaxésimo terceiro Capítulo Xeral da Moi Exebre Orde da Vieira. Ás portas do Xacobeo, durante a que se incorporaron doce novas e novos confrades e se entregaron a Vieira de Honor á Calidade Artística e máis os Trofeos de Galeguidade 2020.

Valentín García, confrade da Orde da Vieira desde 2016, agradeceulles tanto ás e aos restantes membros da orde como ás persoas e institucións premiadas “o seu traballo para facer presente Galicia, a cultura e os intereses galegos ao longo e largo do mundo”; un labor, dixo o secretario xeral, “que os galegos que vivimos na nosa terra nunca poderemos acabar de agradecer”. O secretario xeral de Política Lingüística fixo especial mención do responsable dun dos Centros de Estudos Galegos (CEG) con que a Xunta divulga a lingua e a cultura galegas en universidades de Europa, América e Asia: o profesor Xabier Gómez-Montero, que dirixe o CEG de Kiel (Alemaña), “desde onde dá a coñecer a lingua galega e divulga a literatura ligada ao Camiño de Santiago” e que “agora entra como novo comendador desta Moi Enxebre Orde da Vieira”. Así mesmo, felicitou ao presidente da Hermandad Gallega de Venezuela “un centro importante para a proxección exterior da nosa lingua desde o Colexio Rosalía de Castro, no que a día de hoxe aprenden galego os seus preto de 500 alumnos e alumnas”.

No transcurso do capítulo, presentado polo xornalista Xosé Luís Blanco Campaña, pronunciou o discurso inaugural o xornalista Fernando Ónega e tamén recibiu a Vieira de Honra á Calidade Artística o cantautor Nando Arqueros polas cancións Vento do norte e Eu son de Galicia. Así mesmo, entregáronse os Trofeos de Galeguidade 2020, que recaeron no profesor Modesto Seara na categoría de persoa física, na Hermandad Gallega de Venenzuela na de persoa xurídica e nos Cuadernos de Estudios Gallegos do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento na modalidade de medio de comunicación.

Cinco novas e novos Madrigalegos de Ouro e doce novas e novos Confrades da Orde

Neste quincuaxésimo terceiro Capítulo Xeral foron recoñecidos como Madrigalegos de Ouro Martín Barreiro, ao mérito na comunicación; Amancio López Seijas, ao mérito empresarial; Juan José González; ao mérito na saúde, Gregorio Varela, e ao mérito no servizo público, Regina Revilla.

Na mesma cerimonia foron investidas e investidos doce novos Confrades da Orde: o cantautor Nando Agüeros; o presidente da Hermandad Gallega de Venezuela, José Antonio Alejandro; o xornalista Alberto Ruiz; Ángel Carro, presidente de Tortas Ancano; Adriana Domínguez, conselleira delegada de Adolfo Domínguez; Francisco Javier Echeverría, presidente de honra de Abanca; o xornalista Xabier Fortes; Jualián García, catedrático de Oftalmoloxía e secretario de Asomega (Asociación de Médicos de Galicia); o profesor Javier Gómez Montero; a xornalista Cristina Ónega, e os escritores Javier Ozores e Domingo Villar.

A Moi Enxebre Orde da Vieira iniciou a súa andaina no ano 1968. Este colectivo, promovido por galegas e galegos en Madrid, ten por sinal distintivo a celebración de actividades lúdicas e culturais que manteñan viva e constante a presenza da galeguidade en círculos influentes da capital española, se ben as e os membros da orde residen en todo o mundo e espallan polos cinco continentes a imaxe real e moderna da súa terra.

Para a celebración do seu quincuaxésimo terceiro Capítulo Xeral, a Orde da Vieira contou co apoio da Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Cultura e da Secretaría Xeral da Emigración.

Tema: Normalización da lingua galega Areas: O galego... promovelo