O IES Rosalía de Castro acolle a mostra Aquela nena de Sarria, conmemorativa das Letras 2021

Volver

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2021.- O IES Plurilingüe Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, acolle desde hoxe e ata o vindeiro día 16 de abril a mostra itinerante Aquela nena de Sarria, un proxecto desenvolvido polo Colectivo Egeria para dar a coñecer a figura de Xela Arias, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, que conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia no marco da programación institucional das Letras Galegas 2021, e tamén coa colaboración do Concello de Sarria e da Real Academia Galega.

No acto de apertura participaron Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Xabier Mouriño, director do centro; Marga do Val, profesora do centro e participante no proxecto, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria, ademais dun grupo de alumnado do IES.

Máis información en www.lingua.gal/aquela-nena-de-sarria e en colectivoegeria.org.