O secretario xeral de Política Lingüística asistiu ao Acto Literario do Día das Letras Galegas 2021 organizado pola USC

Volver
  • Acto Literario do Día das Letras Galegas 2021 organizado pola USC
  • Acto Literario do Día das Letras Galegas 2021 organizado pola USC

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2021.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu hoxe ao mediodía ao Acto Literario do Día das Letras Galegas 2021, na honra de Xela Arias, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). A homenaxe, que se celebrou no Salón Nobre de Fonseca, incluíu a conferencia "Entenderme e entender o mundo: un problema de palabras", que pronunciou a profesora María Xesús Nogueira, e lectura de textos poéticos da autora á que a Real Academia Galega lle dedicou o 17 de maio a cargo de estudantado do Grao en Lingua e Literatura.