Valentín García participa na inauguración da Mostra bibliográfica de Ricardo Carvalho Calero

Volver

Ferrol, 5 de xullo de 2021.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este serán no acto de inauguración da exposición Carvalho Calero. Mostra Bibliográfica, que se celebrou na sede de Afundación. No acto interviñeron tamén Miguel Ángel Santalices Vieira, presidente do Parlamento de Galicia; Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Victoria Carballo-Calero, filla do escritor arredor de quen xira a mostra; Pilar García Negro, profesora da Universidade da Coruña e escritora, e Pedro Otero Espinar, director xerente de Afundación.

A exposición, impulsada polo Parlamento de Galicia, chega a Ferrol tras permanecer aberta varios meses en Santiago de Compostela. Inclúe libros, cartas e documentos pertencentes á biblioteca e ao arquivo do autor de Scórpio, ambos depositados na Cámara galega.