Política Lingüística e Irmandade Xurídica Galega homenaxean ao desaparecido xurista D. Alfonso Álvarez Gándara

Volver

Vigo, 30 de setembro de 2021.-O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu este serán á homenaxe en recordo do xurista D. Alfonso Álvarez Gándara, falecido o pasado verán. O acto, que consistiu na descuberta dunha placa conmemorativa na fachada do edificio da rúa Urzaiz de Vigo onde tivo o seu despacho profesional, honra a memoria e os anos de loita a prol da Xustiza e da lingua galega do exdecano do Colexio de Avogados de Vigo. Canda Valentín García tamén asistiron os membros do colectivo Irmandade Xurídica Galega (IXUGA) e decenas de persoas dos ámbitos xurídico, cultural e político, así como a familia do homenaxeado.