O xornalista Manuel Núñez Fiúza presenta o seu primeiro libro, Cando fun paxaro, en colaboración coa Xunta de Galicia

Volver

Vila de Cruces, 1 de outubro de 2021.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este serán no debut literario do xornalista crucense Manuel Núñez Fiúza. O conto, Cando fun un paxaro, está publicado por Edicións Fervenzas co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Ilustrado por José Antonio Fondevila e prologado por Uxío Grande, narra a historia dun paxaro que se converte en rapaz ao tempo que afonda na tradición oral dos contos e dos encantamentos, pero tamén na natureza e no rural. Canda Valentín García participaron neste acto que acolleu o Auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces, Beatriz Iglesias, condutora do acto; Julio López, concelleiro de Cultura e tenente de alcalde do concello, e os artífices do libro, Manuel Núñez Fiúza e José Antonio Fondevila.