A Xunta destaca a importancia da Heráldica como signo de identidade para divulgar as peculiaridades das entidades locais

Volver
  • A Xunta destaca a importancia da Heráldica como signo de identidade para divulgar as peculiaridades das entidades locais
  • A Xunta destaca a importancia da Heráldica como signo de identidade para divulgar as peculiaridades das entidades locais
  • A Xunta destaca a importancia da Heráldica como signo de identidade para divulgar as peculiaridades das entidades locais

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación da lámina “Liñaxes e armerías no reino de Galicia (séculos XIII-XVI)” de Eduardo Pardo de Guevara y Valdés

Alfonso Rueda sinalou a ampla experiencia do autor no estudo da historia medieval de Galicia a través de varios proxectos do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e como director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, así como o seu papel como vicepresidente da Comisión de Heráldica da Xunta

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2021.- O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe xunto coa directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na presentación da lámina Liñaxes e armerías no reino de Galicia (séculos XIII-XVI), de Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, investigador do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

Alfonso Rueda destacou a ampla experiencia do autor no estudo da historia medieval galega, en concreto das relacións de parentesco e redes de poder, como demostra nesta obra na que fai unha recreación artística de escudos de armas de máis 150 liñaxes medievais galegos.

Ademais, resaltou o seu papel como vicepresidente da Comisión de Heráldica, o órgano consultivo da Xunta que regula a aprobación, modificación e rehabilitación dos escudos e bandeiras das entidades locais da comunidade en base sempre a feitos históricos e xeográficos característicos do territorio. Por iso, incidiu na súa importancia como signo de identidade para perpetuar as peculiaridades de cada entidade a través dos seus símbolos.

Departamento: Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza Tema: Administración pública, Lingua