A 17ª edición do Festival Maré converte Compostela en crisol de xéneros musicais e culturas co apoio da Xunta

Volver

Está integrado na marca FEST Galicia, impulsada polo Goberno autonómico e que este ano inclúe o patrocinio de 14 festivais galegos baixo o lema Un destino musical seguro

Por segundo ano consecutivo, Santiago de Compostela acolle este festival que celebra a diversidade artística e cultural atlántica e que se desenvolve do 23 ao 26 de setembro en diferentes espazos da cidade

O cartel reúne máis de 30 propostas musicais e artísticas, oito delas inéditas en Galicia e outras dúas aínda sen estrear, nas que os movementos e reivindicacións sociais estarán moi presentes

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2021.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na presentación oficial do Festival Maré 21, que chega á súa 17ª edición, a segunda en Santiago de Compostela, onde se celebrará do 23 ao 26 de setembro en distintos escenarios como o Teatro Principal, o Auditorio de Galicia e, por primeira vez, en emprazamentos do patrimonio monumental, clubs e o Parque de Santo Domingo de Bonaval. Un ano máis conta co apoio económico da Xunta tanto a través da marca FEST Galicia para a promoción da nosa comunidade como un destino musical seguro e de calidade, como por ser un dos eventos adxudicatarios das subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a festivais profesionais de música.
O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade recordou o com-promiso económico e institucional do Goberno autonómico con festivais como este para os que se incrementaron os fondos ao abeiro de diferentes medidas do Plan de re-activación do sector cultural fronte aos efectos da covid-19. Así, é un dos festivais inte-grados na marca FEST Galicia que este ano reforzouse no marco da celebración do Xa-cobeo 21-22 cun investimento de 500.000 euros, un 25% máis que en 2020, para patro-cinar os 14 festivais adheridos. Ademais, é un dos 19 eventos adxudicatarios das sub-vencións a festivais profesionais de música que tivo que ser suspendida en 2020 ante a imposibilidade de levar a cabo os eventos nos seus formatos habituais. Esta liña de axu-das distribúe outros 340.000 euros entre os 19 encontros beneficiarios como este.
“Maré constitúe unha cita moi importante na visibilización do gran potencial que a cultura galega ten coa Lusofonía”, indicou o representante da Xunta, que salientou que “na actualidade xa dá cabida tamén a músicas e creacións culturais de todo o mundo que enriquecen e dialogan coa cultura galega para engrandecela e medrar de forma conxunta”.
Canda Valentín García tamén asistiron a este acto no Parque de Santo Domingo de Bonaval o promotor do festival, Vítor Belho, a concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, e Alberto Mira Berto e Fernando Peleteiro Fer, integrantes do dúo Verto, participante no Maré 21.

Máis de 30 propostas musicais e artísticas en catro días

Na súa 17ª edición, este festival será lugar de encontro de artistas, músicos, poetas e escritores de ambas as dúas beiras do Atlántico que conflúen en Santiago de Compostela para celebrar a súa diversidade e creatividade cultural.

En total, máis de 30 propostas musicais e artísticas, oito delas aínda inéditas aquí e dúas que serán unha estrea mundial, procedentes dunha decena de países e comunidades autónomas que comparten vínculos de diferente tipo con Galicia. Así, ademais dunha ampla representación galega, o cartel inclúe artistas procedentes de Catalunya, Portugal, Colombia, Brasil, Mozambique, Cabo Verde, Güiana, Arxentina, Malí, Inglaterra, Sáhara Occidental ou Paraguai que farán que Compostela fale, durante os catro días que dure o festival, catalán, inglés, mambara, guaraní ou chopi timbilia, entre outros idiomas, ademais de galego.

O cartel completo poderá consultarse na páxina web do festival e nas redes sociais do festival, onde tamén se poderán mercar tres tipos de entradas: abonos completos, que darán acceso a todas as actividades e concertos de Maré 21; abonos de día , para os concertos de sábado e domingo, e entradas soltas para algunhas das actuacións por separado. Para rematar, o día 26, Día Europeo das Linguas, celebrarase unha xornada de portas abertas no Parque de Bonaval con diferentes actividades relacionadas con dita efeméride.

Nado en Pontevedra hai dezasete anos, este festival que conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, é unha plataforma de intercambio cultural entre territorios que comparten lazos lingüísticos, históricos ou sentimentais mediante unha singular aposta cultural, social e económica que busca potenciar a creación feminina e da mocidade, a experimentación, as novas linguaxes artísticas e a diversidade cultural.

Departamento: C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Tema: Cultura, Lingua