A Xunta destina 350.000 euros á promoción da lingua galega en 68 concellos e agrupacións locais
VolverAs axudas buscan apoiar a creación, o reforzamento e o mantemento dos servizos lingüísticos, así como as programacións municipais
O prazo de xustificación das subvencións concedidas remata o 20 de outubro
Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2023
A Xunta destina 350.000 euros á promoción da lingua galega en 68 concellos e agrupacións locais a través dunha convocatoria de subvencións ás entidades locais de Galicia para fomentar a prestación dun servizo lingüístico e promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega este 2023.
A convocatoria enmárcase nas accións de promoción do galego desde o ámbito local que desenvolve a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, entre as que destacan a Rede de Dinamización Lingüística, que integra máis de 200 entidades, e os programas e as iniciativas asociadas a ela.